'Dorothè na vila'

08mai19:00'Dorothè na vila'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

Proxección de ‘Dorothè na vila

Esta película de Alejandro Gándara e Olaia Tubío, presenta unha viaxe a través do Cancioneiro de Dorothé Schubart, a maior compilación de músicas tradicionais do país. A musicóloga suíza chega a Galicia a finais dos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa, conseguindo 300 horas de gravacións. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tralos pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recollera e descubrir as súas historias de vida. É un traxecto no que conviven a alegría de volver cantar e a frustración de chegar tarde para coñecer un mundo que desaparece.

A historia de Dorothé é descuberta grazas a Richi Casás, que atopa as cancións da súa avoa no Cancioneiro Popular Galego dez anos despois da súa morte. Tanto Olaia como Alejandro, emociónanse ao escoitalo e procuran a existencia de máis casos. Por isto, investigan a Dorothé, afondan no cancioneiro e interésanse polas palabras que ela deixara escritas sobre a xente que gravara. Viron como cada unha destas anotacións escondía unha historia. Relatos sobre a desaparición dun mundo e uns xeitos de vivir e cantar, pero tamén sobre o poder inspirador das lembranzas e a música.

O luns, 8 ás19:00 h no Auditorio Martín Códax do CSMV.

Máis

Hora

(Luns) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events