VIALIA
PLAYDOC

Picnic Sesións

12mai12:0020:00Picnic SesiónsFESTIVAIS E FEIRAS | De balde12:00 - 20:00(GMT+02:00) Baixada á Praia, Saians

Detalles do eventos

Este ano o festival Picnic Sesións de Saiáns, organizado pola Asociación Lideiras, cambia de formato e se desenvolverá en tres eventos nos meses de primavera: 20 e 21 de abril e 12 de maio; pero sen perder a esencia e sendo fieis ao seu lema: “Natureza, cultura e comunidade”. Desde o inicio, este festival apostou pola música local, algo que non vai cambiar nesta nova edición.

Pero non todo é música o que propón o festival de Saiáns. Nestes eventos de entrada gratuíta tamén haberá gastronomía a cargo de diferentes foodtrucks, un mercado contemporáneo e obradoiros medioambientais pensados principalmente para o público familiar. Outro dos ingredientes do evento é a magnifica contorna na que se celebra, cunha espetacular vista sobre a ría e as Illas Cíes.

A primeira xornada tivo que ser adiada por mor da climatoloxía, pero esta fin de semana temos dobre sesión.

DOMINGO 12

Este ano as consumicións de comida e bebida páganse en cada Posto con MOEDA PICNIC

Haberá un stand de caixa no que poderedes cambiar os vosos cartos (efectivo/tarxeta) por MOEDA PICNIC

Xa logo , en cada Posto, elexides o que queredes consumir

Teredes a vosa disposición :

BARRA BEBIDAS

comida vegana galaico-mexicana

Bocadillos e hamburguesas de autor

churrasco

chouripán

filloas

gofres

Máis

Hora

(Domingo) 12:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Baixada á Praia, Saians

Baixada á Praia, 83

Other Events