
Detalles do eventos
Un pacto, un código secreto, unha cápsula do tempo, unha promesa… Dentro de vinte anos, no mesmo sitio, á mesa hora. A vella casa da árbore onde os
Detalles do eventos
Un pacto, un código secreto, unha cápsula do tempo, unha promesa… Dentro de vinte anos, no mesmo sitio, á mesa hora. A vella casa da árbore onde os dous amigos compartían as súas tardes de ocio entre xogos, risas, fantasías e complicidade. O tempo pasa e a distancia é inevitable pero non ten que supor o esquecemento. Como dicía a canción, vinte anos non é nada… E estes dous personaxes atoparon a forma de poder seguir xuntos na distancia aínda que a vida os leve por camiños diferentes. Distans é unha viaxe a través das emocións, nun espazo visual e sonoro que envolve escenas de circo acrobático e teatro xestual que conforman un espectáculo orgánico, sensible e divertido. Unha obra que fala da amizade, dos recordos que seguen vivos nos nosos corazóns máis aló dos anos. Fala da fraxilidade do ser humano, da ruptura, da soidade, e do amor capaz de rexenerar e reconstruír as nosas relacións cos demais.
Compañía: Vol’e Temps
Xénero: circo
Autoría: Lapso Producciones
e Vol’e Temps
Dirección: Lapso Producciones
Escenografía: Carlos Monzón
Deseño de son: Lapso Producciones e Oskar Vizcaíno
Deseño de iluminación: Almudena Oneto
Vestiario: Saray Angulo
Música: Daniel Maldonado “Sam”
Coreografía: Sara Órtiz e Albert Moncunill
Elenco artístico: Sara Órtiz e Albert Moncunill Ferrer
Música: Daniel Maldonado “Sam”
Máis
Hora
11 outubro, 2020 18:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual