VIALIA
PLAYDOC

DISQUESOMOS: Creatividade e edición na Galicia de hoxe

23abr19:00DISQUESOMOS: Creatividade e edición na Galicia de hoxeACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

O MARCO de Vigo presenta un programa especial de actividades para celebrar o Día do Libro durante dúas semanas.

O ciclo #MARCOconversas / #MARCOtalks: unha serie de encontros abertos ao público, protagonizados por artistas participantes nas exposicións do Museo. O primeiro terá lugar este sábado 20 de abril (Mónica Alonso e Andrea Costas Lago), e seguirán outros dous encontros a semana próxima: o xoves 25 (Rosendo Cid e Manuel Vilariño) e venres 26 de abril (Din Matamoro e Teresa Moro).

O propio martes 23 de abril, Día do Libro, terá lugar unha actividade organizada conxuntamente polos clubs de lectura #BiblioMARCO e Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. “DISQUESOMOS. Creatividade e edición na Galicia de hoxe”, charla-coloquio protagonizada por María Rod, María Solar e Raquel C. Pico, e conducida por Tamara Novoa.

Tamén o 23 de abril realizarase o bookcrossing, unha actividade que consiste en deixar libros por difernetes ´rúas da cidade e que calquera pode apañar se son do seu gusto.

Máis

Hora

(Martes) 19:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events