Día Internacional dos Museos: visita guiada ao Museo do Mar.

21mai11:30Día Internacional dos Museos: visita guiada ao Museo do Mar.ACTIVIDADES PARA O COCO | 3,00€11:30(GMT+02:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

 O 18 de maio é o Día Internacional dos Museo e como todos os anos o Museo do Mar quere celebralo con actividades especiais que durarán toda a find e semana.

XOVES 18

  • XORNADA DE PORTAS ABERTAS durante todo o horario de apertura (de10:00h a 14:00h e de16:00h a19:00h).

Todas as persoas que nos visiten durante esta xornada poderán entrara visitar as instalacións de maneira gratuita.

  • APERTURA DE EXPOSICIÓN TEMPORAL ‘CULTURA OCEÁNICA’.

Do 18 ao 28 de maio.

Entrada gratuita cedida polo CEIDA (Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia).

A mostra busca a comprensión por parte dos/as visitantes da influencia do océano sobre as persoas e a influencia que as persoas exercemos sobre o océano.

VERNES 19

  • VISITA GUIDA Á EXPOSICIÓN TEMPORAL ‘RANIERO FERNÁNDEZ. O ARQUIVO’.

Ás 17:30h.

Gratis e con reserva previa.

Duración: 45min.

Para un público a partir de 8 anos.

Visita guiada na que coñecer o traballo deste coñecido vigués gran afecciondo a fotografía e dinamizador da Agrupación Fotográfica Galega.

SÁBADO 20

  • ACTIVIDADE DIDÁCTICA PARA FAMILIAS ‘COÑECENDO ÁS BALEAS’.

Ás 11:30h.

Pagando a entrada ao museo e con reserva previa.

Idade: a partir de 6 anos.

Duración: 45min.

Actividade na que as familias participantes descubrirán cousas interesantes sobre estes magníficos mamíferos mariños e os perigos aos que se enfrontan causados por mor dos seres humanos, e na que rematarán realizando a súa propia balea con material de refugallo, o cal se empregará para tratar de concienciar sobre a importancia do coidar o noso medio ambiente en xeral e os nosos mares en particular.

  • VISITA GUIADA AO MUSEO PARA PÚBLICO XERAL.

Ás 17:30h.

Pagando entrada ao museo e con reserva previa.

Idade: a partir de 8 anos.

Duración: 60min.

Un paseo polas diferentes salas do museo para coñecer e descubrir a historia mariñeira de Galicia e a importancia do mar como recurso natural. Unha oportunidade para mergullarnos en familia no noso rico patrimonio cultural.

DOMINGO 21

  • VISITA GUIADA AO MUSEO PARA PÚBLICO XERAL.

Ás 11:30h e 17:30h.

Pagando entrada ao museo e con reserva previa.

Idade: a partir de 8 anos.

Duración: 60min.

Un paseo polas diferentes salas do museo para coñecer e descubrir a historia mariñeira de Galicia e a importancia do mar como recurso natural. Unha oportunidade para mergullarnos en familia no noso rico patrimonio cultural.

INFORMACIÓN E RESERVAS:

De martes a sábado de11:00h a14:00h 986247750.

info.museodomar@xunta.es

Avda.Atlántida,160. Vigo

Entrada xeral:3€

Entrada reducida:1,5€ (estudantes, menores de 9 a 18 anos, parados, xubilados, familias numerosas e grupos de máis de 10 persoas). Entrada gratuíta: menores de 8 anos (inclusive).

Máis

Hora

(Domingo) 11:30(GMT+02:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events