REVISTA ABRIL

Diálogos con Pepe Solla: Ana Tenorio

18nov19:30Diálogos con Pepe Solla: Ana TenorioACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00)

Detalles do eventos

Afundación TV continúa esta semana o seu ciclo «Diálogos con Pepe Solla», un foro de encontro cultural enmarcado no programa de dinamización do coñecemento da Obra Social de ABANCA no que o prestixioso cociñeiro galego, impulsor do grupo NOVE e da aclamada Casa Solla, o restaurante familiar estrela Michelin fundado en 1961, charla con destacadas figuras do ámbito cultural e artístico galego sobre as distintas consecuencias da pandemia actual. A artista viguesa Ana Tenorio será a cuarta invitada deste ciclo e o seu encontro terá lugar no propio taller da ceramista este mércores 18 de novembro ás 19.30 h en directo en Afundación TV. As inscricións pódense formalizar aquí. Todas as persoas rexistradas poderán interactuar a través dun chat cos protagonistas.

O cuarto encontro de «Diálogos con Pepe Solla» está protagonizado por Ana Tenorio. A artista viguesa, licenciada en Belas Artes, inicia o seu camiño profesional no ámbito da instalación, o vídeo arte, a fotografía e todas as posibilidades que naqueles anos ofrecía internet como vehículo de difusión e creación. Posteriormente encamiña a súa traxectoria profesional cara á comunicación e o deseño, abrindo o seu propio estudo. O seu interese constante por experimentar novos ámbitos lévalle a profundar noutras disciplinas e técnicas como medio de expresión, dedicándose á estampaxe, a cerámica ou o deseño téxtil. E así en 2016 comeza a proxectar «Outside», a súa primeira colección de cerámica de autor, onde a peza actúa como lenzo. Un ano despois crea a súa marca Witchneeds, na que crea pezas de vaixela, decoración e xoiería contemporáneas e en 2018 recibe o Premio Artesanía de Galicia.

Sobre a súa traxectoria e o difícil camiño de emprender na artesanía conversará nesta nova charla do ciclo «Diálogos con Pepe Solla», en directo en Afundación TV.

Máis

Hora

(Mércores) 19:30(GMT+01:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!