REVISTA ABRIL

Día Internacional dos Museos: Concertos didácticos

16mai17:00Día Internacional dos Museos: Concertos didácticosPEQUECHOS | De balde17:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Neste ano 2023, o MARCO celebra o DIM Día Internacional dos Museos (18 de maio) cun completo programa de actividades para distintos públicos e para todas as idades, que se desenvolverán ao longo de varias xornadas, dende o martes 16 ata o sábado 20 de maio.

No centro da edición deste ano, o proxecto CASAS DE CARTÓN, dirixido por Ignacio Pérez-Jofre para Emaús e Provivienda, que iniciaremos no MARCO o propio 18 de maio, Día Internacional dos Museos. Ese mesmo día, a segunda sesión da Biblioteca Humana do proxecto Luz na escuridade.

Para público infantil e familiar, comeza o martes 16 cos Concertos Didácticos do profesorado da EMM nas salas da exposición de Laxeiro, e continuaremos ao día seguinte, o Día das Letras Galegas, co espectáculo de títeres “Unha noite no Trasmundo”. con Guy Bobillo.

CONCERTOS DIDÁCTICOS PARA PÚBLICO FAMILIAR
Un percorrido sonoro e visual polas salas da exposición “Laxeiro e a arte da súa época”, conducido por profesorado da EMM Escola Municipal de Música, e persoal de Didáctica do MARCO.

En colaboración cun grupo de profesorado da EMM Escola Municipal de Música de Vigo, e partindo da mostra “LAXEIRO e a arte da súa época”, poñemos en práctica un experimento pictórico-musical no que público infantil e adulto poderá gozar conxuntamente da pintura e das experiencias xeradas polos músicos e os seus instrumentos nas propias salas de exposición. Musica e pintura tenen motos aspectos en comun: a sua forma ou estrutura, a cor e o timbre, o silencio e o baleiro, o acento e o ritmo, a harmonia e a proporción… Tamen, o oído e a vista son sentidos que actúan de xeito colaborativo e complementan a interpretación dos diversos estímulos. A que che soa este cadro? Podes ver a música? Como soan as cores? Que formas teñen os sons?… son algunhas das preguntas que formularemos durante esta visita tan especial.
Data: martes 16 de maio Lugar: salas frontais, 1° andar Horario: 3 pases = ás 17.00, 18.00 e 19.00 h.
Para: menores acompañados de persoas adultas
Gratuíto, ata completar capacidade. Máximo 100 asistentes por pase
Previa reserva praza en recepcion.marco@gmail.com

Máis

Hora

(Martes) 17:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events