
Detalles do eventos
“O poder dos museos” O Consello Internacional de Museos (ICOM) creou o Día Internacional dos Museos en 1977 para sensibilizar o público sobre o papel
Detalles do eventos
“O poder dos museos”
O Consello Internacional de Museos (ICOM) creou o Día Internacional dos Museos en 1977 para sensibilizar o público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. Dende entón, cada 18 de maio miles de museos de países e territorios en todo o mundo celebran este día en torno ao tema elixido polo ICOM para cada edición. O lema deste ano céntrase no poder dos museos para transformar o mundo que nos rodea, e en explorar o potencial dos museos para provocar un cambio positivo nas súas comunidades a través de tres eixes: a sustentabilidade, a innovación na dixitalización e a accesibilidade, e a construción da comunidade a través da educación. En liña co lema e prioridades do ICOM para esta edición, o MARCO preparou un conxunto de actividades que queren poñer o acento na accesibilidade, na linguaxe común a través de distintos medios de expresión cultural, e na creación de comunidade mediante actividades específicas en colaboración con distintas entidades e colectivos, e dirixidas a públicos diversos.
Maratón de linguas!
Mini-sesións de clases en 11 idiomas con profesorado da EOI
Organiza: EOI Escola Oficial de Idiomas de Vigo, en colaboración co MARCO
Para público en xeral
Entrada libre ata completar capacidade máxima en cada sesión
Mércores 18 de maio
MARCO, Espazo Anexo (praza peonil posterior)
Horarios: ao longo de todo o día, de 11.00 a 13.30 e de 17.30 a 20.30
Concerto DIM 2022
Percorrido polas obras máis representativas para clarinete solo e dúo do século XX, interpretadas por alumnado de Grao Profesional do CMUS Profesional de Vigo
Organiza: CMUS Profesional de Vigo, en colaboración co MARCO
Para público en xeral
Entrada libre ata completar capacidade máxima en cada espazo
Mércores 18 de maio
MARCO, salas de exposición do 1º andar, e panóptico central da planta baixa
Horario: a partir das 19.45
O concerto está concibido como un percorrido polas salas de exposición de Alfredo Alcain no 1º andar, e finalizará no panóptico da planta baixa cunha peza tan simbólica e cargada de sentido como o Abismo dos paxaros, de O. Messiaen, precisamente no lugar que ocupaba o centro da antiga prisión que foi o edificio do MARCO.
As letras do teu retrato
Obradoiro en lingua de signos para público infantil
Conducido por Miriam Aller e Yoli García Rodríguez
Aberto a público infantil en xeral, con ou sen discapacidade auditiva
Organiza: Biblioteca-Centro de documentación do MARCO
Mércores 18 de maio
#MARCOteca (sala perimetral anexa á biblioteca, 1º andar)
Horario: de 17.30 a 18.15 (de 3 a 6 anos) e de 18.15 a 20.00 (de 7 a 12 anos)
Prazas limitadas, necesaria INSCRICIÓN (a partir do venres 13 de maio en Taquilla MARCO)
Tel. 986 113900 (extensión 100)
Horario taquilla: de martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 (domingos de 11.00 a 14.30)
Visitas ás exposicións do MARCO
Visitas guiadas ás exposicións de Alfredo Alcain, Francisco Leiro, e Idoia Montón, na compaña de persoal de salas
Para público en xeral
Entrada libre ata completar capacidade máxima en cada visita
Mércores 18 de maio
MARCO, salas de exposición do 1º andar e da planta baixa
Horarios: ás 12.00 e ás 18.00
Máis
Hora
18 maio, 2022 11:00 - 21:00(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual