
30abr19:00Día Internacional da DanzaESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+02:00) Príncipe
Detalles do eventos
A danza volve as rúas este ano e para celebralo máis que nunca. Chega o Día Internacional da Danza, unha festa de celebración mundial á que a cidade
Detalles do eventos
A danza volve as rúas este ano e para celebralo máis que nunca. Chega o Día Internacional da Danza, unha festa de celebración mundial á que a cidade olívica non podía faltar.
Unha vez máis, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, en colaboración co Concello de Vigo, encárgase da organización do evento, que terá lugar o próximo sábado 30 de abril. Nesta ocasión, cinco zonas da cidade contarán, unha vez máis, con espectáculos para festexar este día tan importante: Teis, O Calvario, Prz. Independencia, Bouzas e a Rúa do Príncipe, onde celebrarase o acto principal. En cada localización terán lugar actuacións de dúas agrupacións municipais dife rentes, comezando simultáneamente ás 19:00h.
Para a edición deste ano, as agrupacións escollidas son as seguintes:
Rúa do Príncipe (diante do MARCO) – Acto principal
A.C.F. O Fiadeiro / A.F.T. Os Ventos de Comesaña
Pz. Independencia
A.F. Andarela / A. Monteira Danzas do Mundo
Teis (Pz. Barrio das Flores)
A.F. Froles Novas / A.C.F. Tarambainas
Bouzas (Alameda)
A.F. Corisco / A.F. Queixumes
Calvario (Rúa Peonil)
G.B. Amieiras de Valladares / G.B. Semente da Arte Galega
A asistencia a tódolos eventos é gratuita.
Máis
Hora
30 abril, 2022 19:00(GMT+02:00)
Localización
Príncipe
Rúa do Príncipe 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual