REVISTA MAIO

Día Internacional da Danza en Travesas

29abr19:00Día Internacional da Danza en TravesasESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+02:00) Mercado das Travesas

Detalles do eventos

Este sábado 29 de abril celebramos, un ano máis, o Día Internacional da Danza!

Desde hai uns anos, Vigo súmase a esta celebración, e o fai achegando o noso folclore á poboación. Así, a música e danza galegas amósanse simultáneamente en tres puntos da cidade, con dous grupos en cada un deles, como unha manera de dinamizar as rúas cun espectáculo en directo. Os participantes son grupos de baile tradicional locais que exhiben as súas pezas neste día tan sinalado.

O acto principal terá lugar ás 19:00 na Rúa do Príncipe, fronte ao MARCO. Alí faráse lectura da mensaxe deste ano, escrita pola bailarina china Yang Liping, e bailarán os grupos Froles Novas e Ledicias-Amieiras de Valladares. Ao mesmo tempo, na Praza do Emigrante das Travesas, actuarán Corisco e Os Ventos de Comesaña, e, na Rúa Peonil do Calvario, Andarela e Helios de Bembrive. Un ano máis, o evento está organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo en colaboración co Concello de Vigo.

Tódalas actuacións simultáneas nos tres puntos ás 19:00h en: Rúa do Príncipe con Froles Novas, Plaza do Emigrante con Corisco e Rúa Peonil do Calvario con Andarela.

Vémonos nun dos escenarios! Escolle o que máis che apeteza!

Máis

Hora

29 abril, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

Mercado das Travesas

Rúa Espedrigada, 7, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events