banneraTLANTICFest

22maiTodo o díaDía dos MontesACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde(Todo o día: domingo) Monte dos Pozos

Día dos Montes

O domingo 22 de maio pola mañá no Parque Forestal do Monte dos Pozos (Valadares) terá lugar o Día dos Montes, unha xornada con andainas adaptadas ás características de todos os públicos, exposicións, música e actividades infantís. As inscricións estarán abertas a partir do 9 de maio no 010 (986810260 dende móbil).

Programa xeral

Están previstas tres andainas con distinto grado de dificultade, para coñecer a realidade dos montes de Vigo cinco anos despois dos lumes de 2017. Tomarase como punto de partida o Monte dos Pozos. Nas andainas de 18km e de 11km haberá buses lanzadeira ata o Parque Forestal de Zamáns, desde onde se iniciará a camiñada para rematar no propio Monte dos Pozos. Atravesaranse algunhas das zonas queimadas, agora en proceso de rexeneración, así como algúns dos miradoiros máis chamativos da cidade no Monte Cepudo e no Monte Alba. Na andaina de 7km farase un percorrido circular dende Monte dos Pozos achegándose a tramos do camiño real que atravesaba Valadares, permitindo así coñecer algúns aspectos históricos e medioambientais.

Programa familiar

Neste caso participarán as familias ao completo, adaptando as actividades ás idades dos menores. A Visita familiar ao Petroglifo da Lapela, cun percorrido de 5km, permitirá as familias con fillos maiores de 6 anos achegarse a un lugar máxico preto do Monte dos Pozos, e tamén poder coñecer de preto as consecuencias dos lumes do 2017. Rematará o paseo coa visión panorámica da cidade desde un miradoiro. Para as familias con menores de 6 anos está prevista a Peque-ruta “Monte dos Pozos na primavera”, de 1km de lonxitude. Trátase de aproximarse as sorpresas da primavera no propio Parque Forestal do Monte dos Pozos.

Ao rematar sendas propostas, está prevista unha serie de actividades dirixidas aos máis cativos e cativas, como xogos populares, tiro con arco, rastrexo, etc. No momento central do acto haberá actividades dinamizadas pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, como Danzas do Mundo e a actuación do Grupo de Gaitas de Pardavila. Tamén se poderán contemplar as exposicións tituladas “Sendeiros Locais de Vigo” e “Unha lingua de lume asola en 2017 os montes de Vigo”

Máis

Hora

Todo o día (Domingo)

Localización

Monte dos Pozos

Estrada do Freixo, 1, 36315 Vigo, Pontevedra

X