
24feb19:00Día de RosalíaESPECTÁCULOS | De balde19:00 Sede da Deputación de Pontevedra
Detalles do eventos
O Pazo provincial e a sede de Vigo acollerán o 23 e o 24 de febreiro un espectáculo de ilustración, poesía e música coas e os artistas Marcos
Día de Rosalía
O Pazo provincial e a sede de Vigo acollerán o 23 e o 24 de febreiro un espectáculo de ilustración, poesía e música coas e os artistas Marcos Escudero, Alba Cid, María Lado, Margarida Mariño e Alba Barreiro.
Un ano máis a Deputación de Pontevedra conmemorará o Día de Rosalía “como merece, por todo o alto”, con senllos actos en Pontevedra e Vigo os días 23 (no Pazo provincial ás 17:30 h) e 24 de febreiro (na sede de Vigo ás 19:00 h).
Será un espectáculo multidisciplinar conducido pola actriz Mónica Camaño, no que interactuarán ilustración, poesía e música. As e os protagonistas serán o artista Marcos Escudero, as poetas Alba Cid e María Lado e as intérpretes Margarida Mariño e Alba Barreiro. Consistirá nun recitado poético con música en directo e ilustracións feitas en area, coa técnica coñecida como “sand painting” ou “sand drawing”. En Vigo a lectura do manifesto da AELG será por parte de Xavier Queipo. Nos actos entregaranse flores da camelia “Rosalía de Castro” e exemplares de dous libros da Colección Cíes: “A conversa expansiva” e “Dicir unha illa”.
Máis

(Venres) 19:00
Sede da Deputación de Pontevedra
Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra