Día de Portugal: presentación LIVROs e concerto de fado

10xuñ18:00Día de Portugal: presentación LIVROs e concerto de fadoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00) Centro Cultural Camões Vigo

Detalles do eventos

No ámbito das conmemoracións do Dia de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas, o Camões – Centro Cultural Português em Vigo organiza un programa de actividades que terán lugar os días 9 e 10 de xuño.

As conmemoracións comezarán o día 9 de xuño, ás 18h00, coa inauguración da exposición Portugal numa imagem. Portugal numa palavra, unha exposición colectiva que presenta os traballos fotográficos dos 10 finalistas da edición de 2021 do concurso co mesmo nome. Aproveitarán a ocasión para anunciar os vencedores da edición de 2022.

O 10 de xuño, ás 18h00, terá lugar a presentación do proxeto LIVROs, unha coleción de pezas inéditas inspiradas en episodios bíblicos, de autoría de AMANDA, um colectivo de autores e dramaturgos portugueses: Ana Moreira, António Afonso Parra, Bruno dos Reis, Jorge Palinhos, Jorge Louraço Figueira, Marta Freitas, Rui Pina Coelho, coa a participación da autora e dramaturga galega Vanesa Sotelo.

Para terminar, ás 20h00, terá lugar o concerto da fadista portuguesa Vânia Leal, que estará acompañada por Márcio Silva na guitarra portuguesa e José Saraiva na guitarra clássica. 

Máis