REVISTA ABRIL

Día da mobilidade: Bus turístico gratis

22setTodo o díaDía da mobilidade: Bus turístico gratisACTIVIDADES PARA O COCO | De balde(Todo o día: xoves)(GMT+02:00)

Detalles do eventos

Vitrasa, en colaboración co Concello de Vigo, súmase un ano máis, e con este xa son dezaseis, á Semana Europea da Mobilidade con diversas iniciativas que teñen por obxectivo fomentar e pór en valor o uso do transporte público entre os vigueses e viguesas, por ser un dos medios máis cómodos, sustentables e respectuosos co medio ambiente para desprazarse pola cidade.
En concreto, o xoves 22 de setembro de 2022, Día Europeo sen Coches, as liñas lanzadeiras U1 e U2 á Universidade de Vigo serán de balde durante toda a xornada.
Tamén o Bus Turístico será de balde o mesmo xoves 22 de setembro para os usuarios da tarxeta PassVigo, previa reserva online do billete na plataforma Woutick! co seu número de tarxeta. Haberá catro viaxes dispoñibles: ás 10:00, 12:00, 16:30 e 18:30 horas. Con esta iniciativa, búscase recoñecer ós usuarios habituais do transporte público a súa confianza, dándolle a oportunidade de que descubran Vigo dende unha óptica distinta a bordo do Bus Turístico de dúas prantas.

Máis

Hora

Todo o día (Xoves)(GMT+02:00)