DESCUBRINDO A NOSA IDENTIDADE! – A Movida

outubro, 2020

bannerRevistaOnline

Este é un evento repetitivo

17out10:00DESCUBRINDO A NOSA IDENTIDADE!ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 10:00 Navia

Máis

Detalles do eventos

Coñeces o significado de Ufas? Sabes por cantos hórreos (cabanas) pasas todos os días?
O noso barrio ten pouca historia, ou non?

O programa “Descubrindo a nosa identidade” nace na AVV Novo Vigo de Navia coa idea de que ti, coma nós, coñezas o patrimonio oculto que nos rodea e polo que pasamos sen decatarnos.

O día 17 de outubro, de 10h a 13h, poderás inscribirte para participar na actividade “Fotografía o noso patrimonio”. Só por participar recibirás un agasallo e unha participación para o sorteo de dous lotes de produtos galegos cedidos por Cibus Navia.

O día 24 de outubro a partir das 17h ven escoitar o son tradicional da nosa música nunha sesión ó aire libre en As Teixugueiras, 28/30 (diante da sala de lectura), amenizado polos grupos da contorna: GBMT Estraloque, Nautilius SVCD e Pándega Das Teixugueiras. Ademais Ana Facchini – Narradora oral faranos lembrar os contos dos nosos avós e avoas co seu saber contar.

Agardamos por vós para DESCUBRIR A NOSA IDENTIDADE!

Enlace ás bases: https://drive.google.com/…/1cyPMAID0gnYBWsKoxKW…/view…

Protocolo Covid-19: En todas as actividades teranse en conta as restricións autonómicas vixentes no momento. Uso obrigatorio de máscara, distanciamento de seguridade, control de aforos e desinfección de mans.

Hora

(Sábado) 10:00

Localización

Navia

Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra

X