
Detalles do eventos
Durante catro meses, do 7 febreiro ao 2 xullo, o Museo Marco terá exposta a obra ‘Desapego’ na primeira planta do edificio da rúa Príncipe. Andrea Costas quixo reflexionar
'Desapego' de Andrea Costas
Durante catro meses, do 7 febreiro ao 2 xullo, o Museo Marco terá exposta a obra ‘Desapego’ na primeira planta do edificio da rúa Príncipe. Andrea Costas quixo reflexionar sobre a súa propia maternidade a través de series fotográficas, vídeos e unha instalación específica que converte un espazo da mostra nunha especie de collage.
Esta artista deuse a coñecer traballando respecto a súa identidade como artista e muller. Destaca pola obra fotográfica, aínda que tamén toca outras linguaxes como o vídeo, a performance e as instalacións. En canto á narrativa, adoita tocar temas cotiáns e universais, desde unha perspectiva emocional e psicolóxica.
Concretamente, a obra ‘Desapego’ ten como obxectivo principal a reflexión sobre a maternidade en primeira persoa, desde un punto de vista non idealizado e apartado de convencionalismos. A orixe deste proxecto remóntase a 2008, cando a artista decide ser nai. O nacemento dos seus xemelgos foi desbordante para ela, o que lle impediu ter fotografías dos primeiros anos de vida máis alá das que se poden tomar co teléfono. A súa inquietude por poder representar esta etapa, fixo que ao rematar os primeiros anos de crianza, nos que pasaba o día cos bebés nos brazos, puxérase máns a obra coas fotografías, nas que tamén aparecen algúns familiares.
Luns | pechado |
Martes | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
Mércores | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
Xoves | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
Venres | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
Sábado | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
Domingo | 11:00–14:30 |
Máis

Febreiro 7 (Martes) 11:00 - Xullo 2 (Domingo) 21:00
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra