
David Regueiro Trío
21out22:00David Regueiro TríoCONCERTOS | 8,00€22:00(GMT+02:00) La Pecera
Detalles do eventos
Concerto de David Regueiro Trío o venres 21 de outubro en La Pecera. David Regueiro, cunha ducia de discos editados, con centos de actuacións por
Detalles do eventos
Concerto de David Regueiro Trío o venres 21 de outubro en La Pecera.
David Regueiro, cunha ducia de discos editados, con centos de actuacións por diferentes países e co aplauso unánime de prensa e público, consolidouse coma un dos guitarristas de gypsy jazz máis prominentes do Estado.
Co seu trío, no que se acompaña de Iago Reigosa (guitarra) e Juyma Estévez (contrabaixo), presenta agora o seu novo disco, ‘Areal‘. Este álbum, conformado por nove composicións de David Regueiro, está ubicado no jazz manouche, a corrente estética creada por Django Reinhardt, sen deixar de lado outras das súas influencias: o swing americano e o be-bop. O trío aporta unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición ao tempo que fresca e innovadora.
Venres 21 ás 22:00
Máis
Hora
21 outubro, 2022 22:00(GMT+01:00)
Localización
La Pecera
Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes