REVISTA SETEMBRO

David Bisbal

15xul22:00David BisbalCONCERTOS | 10,00 €22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

David Bisbal actuará no Auditorio de Castrelos o próximo sábado 15 de xullo. O artista almeriense presentará en Vigo o seu novo espectáculo ‘Me siento vivo’, un repertorio renovado que tamén inclúe os grandes éxitos da súa carreira. A última actuación de Bisbal na nosa cidade foi no 2019, cando encheu de fans o parque de Castrelos, como xa fixera no 2004 pouco despois do seu paso polo programa de televisión Operación Triunfo e no 2010.

David Bisbal forma parte da primeira edición da exitosa academia de Operación Triunfo no 2001, onde obtivo o segundo premio tras gañar a emblemática Rosa López. O almeriense acumula máis de 60 discos platinos e case unha centena de premios. Ademais o seu single Ave María‘ é unha das cancións máis coñecidas e escoitadas na radio de España e América Latina.

Os boletos para o concerto do almeriense sairán á venda o martes 11 xullo tanto de maneira presencial como online. Poranse á venda 2.500 tickets de 9:30 h a 13:00 h da mañá, 1.250 a través da web vigoenfestas.com en outras tantas na billeteira do Auditorio do Concello na praza do Rei. A distribución será a mesma para as 2.5000 que se porán á venda na quenda de tarde entre as 16:30 e as 20:30 h . As entradas para o ver a David Bisbal en directo custarán 10,00 €, igual que as do resto de concertos, a excepción das de Alejandro Sanz e David Guetta que custarán 15,00 € e as da Coral Casablanca que serán gratuítas.

Actualización entradas: Unha vez pechada a venda física do martes 11 de xullo, quedaron entradas sen venres. Estarán dispoñibles o xoves 13 entre as 9:30 e as 13h en vigoenfestas.com.

CONCERTOS CASTRELOS

  • 8 xullo: Andrés Calamaro
  • 15 xullo: David Bisbal
  • 24 xullo: Pablo López
  • 27 xullo: Alejandro Sanz
  • 29 xullo: Coral Casablanca
  • 5 agosto: Beret
  • 10 agosto: Bad Gyal
  • 15 agosto: Ana Mena
  • 20 agosto: David Guetta

ESPECTÁCULOS INFANTÍS

  • 12 xullo: ‘Pinocho’
  • 19 xullo: ‘La ratita presumida‘ de La Murga Teatro
  • 26 xullo: ‘La Rayuela‘ de Martina y los Supersingers
  • 2 agosto: ‘El libro de la selva‘ de El Molino
  • 9 agosto: ‘Tarzán, el musical‘ de Rodetacon Teatro
  • 16 agosto: ‘En Clave de Clown’ de Barafunda Animación

Máis

Hora

15 xullo, 2023 22:00(GMT+02:00)