REVISTA ABRIL

CSMVigo con Ucraína

21abr20:00CSMVigo con UcraínaCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

Este xoves, 21 de abril, o Conservatorio Superior de Música de Vigo celebra un concerto especial protagonizado de modo íntegro polas alumnas ucraínas que na actulidade realizan os seus estudos no centro vigués dentro do programa Erasmus+. Será no Auditorio Martín Códax ás 20h. 

O Concerto CSMVigo con Ucraína está protagonizado por 13 das 14 alumnas ucraínas do CSMVigo. Neste evento, ademais de amosar o seu talento, queren agradecer tanto ás familias viguesas que as acollen como á sociedade viguesa e galega no seu conxunto a súa solidariedade. Será para elas, pois, unha oportunidade para dar resposta ás numerosas mostras de afecto recibido desde que chegaron ao noso país fuxindo da dramática situación que vive Ucraína na actualidade.

O Conservatorio Superior de Música de Vigo quere tamén aproveitar a oportunidade para agradecer tanto ás familias de acollida como ás autoridades das distintas administracións o seu compromiso con elas, por iso o concerto contará con numerosos convidados, entre os cales xa se pode confirmar a presenza do Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events