REVISTA ABRIL

Contos diversos

29mai12:30Contos diversosPEQUERRECHOS | De balde12:30(GMT+02:00) Museo Verbum

Detalles do eventos

Realización dun conta contos no que a través da participación activa das familias nas diferentes historias a través de xestos, movementos e verbalizacións, foméntanse aspectos relacionados cos valores da igualdade, respecto á diferenza e a diversidade. Ademais tamén se traballa vocabulario en lingua galega, os números, as vogais; así como a motricidade e a coordinación.

A idea é trasladar a toda a comunidade que a diversidade é positiva, a violencia nunca é un recurso e o respecto é o eixo das relacións entre os homes e as mulleres. Poñendo en valor a figura de Xela Arias neste sentido.

Obxectivos:

  • Educar nos valores de igualdade e diversidade de xénero.
  • Fomentar a importancia de construír a propia identidade libre de estereotipos de xénero.
  • Asociar a diferenza e a diversidade a aspectos positivos.
  • Fomentar a creatividade na rapazada.
  • Xerar relacións baseadas no bo trato e respecto mutuo.
  • Identificar os diferentes sentimentos (medo, tristeza, ledicia…) e profundar na educación emocional dende unha perspectiva de xénero.
  • Traballar vocabulario na lingua galega.
  • Pór en valor a nosa lingua.
  • Pór en valor o conto e a poesía como ferramenta transformadora da realidade e elemento moi válido para a aprendizaxe.
  • Fomentar a lectura e o uso da imaxinación.

Contada para público familiar. Recomendada para crianzas de 3 a 9 anos; por Miguel Anxo
Duración aproximada: 45 minutos

Entrada de balde con inscrición previa. A inscrición tramítase unicamente a través do Servizo de Atención Telefónica do Concello de Vigo – 010 (desde teléfono móbil: 986 81 02 60),a partir do luns 24 de 8:00 a 20:00.

Sábado 29 ás 12:30

Máis

Hora

(Sábado) 12:30(GMT+02:00)

Localización

Museo Verbum

Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events