Augusta

18dec19:30CONTOS DAKÍ: Quico CadavalESPECTÁCULOS | De balde19:30 Biblioteca Xosé Neira Vilas

CONTOS DAKÍ: Quico Cadaval

Contos Dakí é un ciclo no que actúan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión estará o contador Quico Cadaval.

Hora

(Venres) 19:30

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

X