REVISTA ABRIL

CONTINENTE MARÍA. UN ESPECTÁCULO SOBRE MARÍA CASARES

12nov20:00CONTINENTE MARÍA. UN ESPECTÁCULO SOBRE MARÍA CASARESESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Espectáculo da programación de Vigocultura. Guía completa con datas, espectáculos, abonos e sinopses aquí.

Entradas e abonos en Giglon e Libraría Librouro

VENRES 11 E SÁBADO 12 DE NOVEMBRO · 20:00 HORAS -CONTINENTE MARÍA. UN ESPECTÁCULO SOBRE MARÍA CASARES – A Quinta do Cuadrante e Ainé Producións

Xénero: teatro
Autoría: Marianella Morena
Dirección: Tito Asorey
Escenografía e deseño de iluminación: Laura Iturralde
Deseño de son: Santi Jul
Vestiario: Yaiza Pinillos
Música: Vadim Yukhenevich
Elenco artístico: Melania Cruz e Vadim Yukhnevich

· 100º aniversario do nacemento de María Casares

Realizar un espectáculo sobre María Casares era algo que tanto o director Tito Asorey como a actriz Melania Cruz tiñan en mente desde hai máis dunha década. As circunstancias, tanto vitais como de produción, fixeron que deran o paso neste momento, no 100º aniversario do seu nacemento, sabedores de que sería óptimo para que fose recibida a súa proposta coa atención axeitada. Esta montaxe pretende recuperar e homenaxear a figura de María Casares, achegándoa ao público, á vez que se vale da súa figura para falar da propia condición dos artistas nun mundo en continuo cambio, analizando escenicamente as nosas contradicións como país e como sociedade. María Casares preséntasenos como un continente que ansiamos percorrer, establecendo unha cartografía emocional en base ás súas vivencias, pensamentos e recordos, viaxando a través dun diálogo entre o presente e o pasado para tratar de entendernos mellor como seres humanos creadores e habitantes dun mundo no que non hai tantos anos, os exiliados eramos os propios españois.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events