Contacontos: Xiana e a meiga Xela

20mai11:00Contacontos: Xiana e a meiga XelaPEQUERRECHOS | De balde11:00(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

El Corte Inglés e Ámbito Cultural súmanse un ano máis á conmemoración do 17 de maio, día das Letras Galegas, poñendo en valor e acercando a cultura galega nos seus centros de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Esta celebración institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG), que chega a súa 60 edición, rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor, Francisco Fernández del Riego.

Para festexar as nosas letras El Corte Inglés organizou o ciclo Celebrando as nosas raíces que contará coa presentación do libro ‘Fernández del Riego. O home que valía por mil’ (xoves 18 ás 19:00 h) , o contacontos musical Xiana e a meiga Xela (sábado 20 ás 11:00 h) e un Micro Aberto que reunirá a escritores galegos destacados (martes 16 ás 19:00 h).

CONTACONTOS MUSICAL “XIANA E A MEIGA XELA”

Irene Quinteiro presentará o seu novo libro-disco Xiana e a meiga Xela e fará un contacontos musical no que os nenos de 3 a 8 anos, aprenderán música, notas, volume, instrumentos… Esta actividade require inscrición no correo eventosvigo@elcorteingles.es ou presencialmente na libraría.

O contacontos terá lugar o sábado 20 de maio ás 11.00 horas no restaurante (planta 7ª)

Máis

Hora

(Sábado) 11:00(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events