REVISTA ABRIL

Conferencia: Florencio Delgado Gurriarán

07abr19:00Conferencia: Florencio Delgado GurriaránACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Antigo Reitorado

Detalles do eventos

Neste 2022 a Real Academia Galega pon en valor a obra de Florencio Delgado Gurriarán dedicándolle o “Día das Letras Galegas”. O próximo xoves 7 de abril ás 19h, o Ateneo Atlántico organiza un acto no salón de actos da Zona Franca (Rúa Areal, antigo reitorado), onde nos mergullaremos na traxectoria vital e na obra deste extraordinario e comprometido poeta.
A presentación e moderación estará a cargo da escritora Laura Caveiro e intervirán como relatores Xesús Alonso Montero e Ricardo Gurriarán Rodríguez. 
Dificilmente topar con mellores estudosos sobre as extraordinarias comprometidas, modernas, e cosmopolitas obras realizadas, desde o exilio e a morriña, por Florencio D. G.
Alonso Montero foi quen, desde 1963, de converterse no seu maior valedor e, no seo da RAG xa tiña avogado pola súa designación para o Día das Letras Galegas no 2.002. Proposta reiterada, e aprobada, neste 2.022.
Ricardo Gurriarán, autor da fundamental, documentada e magnífica primeira biografía sobre Florencio Delgado Gurriarán, editada en 1.999.

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Antigo Reitorado

Rúa Oporto 2, Vigo, Pontevedra

Other Events