REVISTA MAIO

CONEXIÓNS

20xuñ12:00CONEXIÓNSCONCERTOS | De balde12:00(GMT+02:00) Praza Compostela

Detalles do eventos

A Fundación Mayeusis, en colaboración co Concello de Vigo, organiza durante o mes de xuño o ciclo Conexións, unha serie de case 20 concertos espallados por 15 ubicacións da cidade. O jazz, o folk e a música clásica soará en espazos pouco habituais e, sobre todo, en horario matutino.

De Alcabre á Guía e do Calvario á Pedra; Vigo vai encher as súas rúas de música este mes de xuño grazas ao ciclo Conexións, un proxecto da Fundación Mayeusis en colaboración co Concello de Vigo, que aporta 70.000 euros. Con Conexións os seus organizadores queren “abrazar Vigo” a través da música e levar o talento de artistas galegos e locais a lugares improbables: “Queremos achegar a música a lugares inéditos, espazos nos que habitualmente non se faría un concerto profesional”, contan desde Mayeusis.

Entre estes espazos, un total de 15, podemos atopar a Capela da Guía, a Praza da Pedra, o Paseo de Bouzas, o Mercado do Calvario, os xardíns do pazo de Castrelos ou Villa Solita. Improbables tamén son a maioría dos horarios escollidos para estas pequenas actuacións de jazz, folk e clásica: de mañá e entre semana. Agás tres actuacións, todas serán en horario matutino, coa finalidade de sorprender aos viandantes que neses momentos paseen polas localizacións escollidas: “Pretendemos que a cidadanía tropece coa música na súa vida cotiá. Queremos humanizar os espazos con música en lugar de cemento”, engade o director da escola Lucas Alonso. As modalidades son cámara, grupo (máis numeroso que o anterior) e conexións, onde tocan todos, con repertorio conxunto ou separado.

Esta segunda edición inclúe algunhas variacións repecto á súa antecesora. Na primeira o groso da programación estaba composta por actuacións da Imagine Jazz Orchestra, unha big band xuvenil dirixida polo recoñecido pedagogo Joan Chamorro. Nesta ocasión tamén act

Máis

Hora

20 xuño, 2024 12:00(GMT+02:00)

Localización

Praza Compostela

Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra

Other Events