COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Planeta Marte

14xuñ21:30Planeta MarteCONCERTOS | 11,00 €21:30(GMT+02:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

Planeta Marte é un proxecto creado polo artista galego Martín Rigz, un novo artista multidisciplinar da escena galega. Músico, bailarín e amante das artes escénicas, crece rodeado de música de todos os xéneros. Este proxecto nace dos restos de toda esta música, decidido a crear sen fronteiras. Música pop, rock, jazz, música urbana ou a identidade galega son algúns dos piares sobre os que se constrúe a estética de Planeta Marte.
Martín é compositor e produtor de todos os seus temas. Neles canta, toca a guitarra, o baixo, a batería, a trompeta e o piano. Actualmente está inmerso na procura de sons propios e auténticos en constante evolución coa intención de achegar significado e honestidade ao seu traballo.

Máis

Hora

14 xuño, 2024 21:30(GMT+02:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events