bannerGaliciaIlusiona
bannerGFFF

23out18:00CONCERTOS PARA BEBÉS EMBALOS NEOFOLKPEQUERRECHOS | 5,00€18:00 Auditorio Municipal do Concello

CONCERTOS PARA BEBÉS EMBALOS NEOFOLK

Espectáculo da programación de Vigocultura. Guía completa con datas, espectáculos, abonos e sinopses aquí.

Entradas e abonos en Giglon e Libraría Librouro

DOMINGO 23 DE OUTUBRO · 12:30 · 16:00 E 18:00 HORAS – CONCERTOS PARA BEBÉS EMBALOS NEOFOLK – Paulo Lameiro

Xénero: música para bebés
Elenco artístico: Alberto Roque (saxofone, barítono e ocarina), José Lopes (saxofone, alto e
soprano), Pedro Santos (acordeón), Inesa Markava (voz e movemento), Isabel Ca-tarino (voz) e
Paulo Lameiro (voz e dirección)

· Premio YEAH! 2013 AWARDS – CONCERTS FOR BABIES – WINNER FOR INNOVATION

Bábabai
Babábabai bailemos
Cando somos bebés, e aínda non nacemos, xa bailamos. Bailamos nun manto amniótico quentiño, que se move ao sabor da respiración e dos pasos da nosa nai. Despois cando nacemos, das memorias felices nace unha necesidade de seguir bailando. Por iso as nosas nais abanéannos para calmar e adormecer. E nun ápice, os nosos pais descobren que comezamos a danzar en canto escoitamos unha música con ritmo. Neste concerto vamos bailar con músicas antigas do tempo intra-uterino, e tamén con novos sons que apelan a outras danzas.
Biabába
Bailemos

Technocracia trata a festa como lugar de comuñón, como mecanismo de reprogramación mental, de ruptura co cotiá, de hedonismo físico e emocional, e tamén como unha metodoloxía de creación a partir do corpo en movemento e a masa, onde expandir a nosa experiencia escénica ao incluír ao público como parte esencial da peza a través das accións que se xeren. Trátase de deixar de crear ficcións para deixarnos crear polos feitos intentando preservar a nosa calor interna, a nosa frescura e bondade humana contra a tiranía da orde. Bailar é un acto de #resistencia.

Máis

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X