REVISTA ABRIL

Concerto secreto nos estaleiros Cardama da man de Sinsal

25xul20:30Concerto secreto nos estaleiros Cardama da man de SinsalCONCERTOS | Entradas esgotadas20:30(GMT+02:00) Estaleiro Cardama

Detalles do eventos

O festival Sinsal SON Estrella Galicia, que conta con todos os abonos e entradas de día esgotadas para este 2022, anuncia novidades de cara á celebración do seu vixésimo aniversario. O evento, promovido por Sinsalaudio, e que se celebrará os días 22, 23 e 24 de xullo na illa de San Simón, amplía a súa programación unha xornada para ofrecer un concerto extra e, por suposto, secreto, nos estaleiros Cardama de Vigo.

O luns 25 de xullo, festivo en Galicia, o recinto industrial situado nos terreos portuarios -e que foi unha das sedes do Sinsal Litoral 2020- acollerá a partir das 21.00 horas a actuación secreta dunha banda europea que non estará en San Simón, nun sorprendente directo no que conflúen diversas tradicións coa electrónica, e que o público unicamente descubrirá ao acceder ao escenario do estaleiro vigués Cardama Shipyard. A dirección de Sinsal recupera así unha das localizacións máis singulares do festival, todo un símbolo na cidade olívica, o que permite por en relación non só o patrimonio cultural co industrial; senón salientar o valor do sector dos estaleiros e do seu persoal traballador para á economía local.

Máis

Hora

(Luns) 20:30(GMT+02:00)

Localización

Estaleiro Cardama

Av. da Beiramar, 12, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events