COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Concerto Kv2211

16out19:00Concerto Kv2211CONCERTOS | De balde19:00(GMT+02:00) AVCD de Cabral

Detalles do eventos

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, ofrecerá esta fin de semana un concerto incluído na súa programación anual e no marco do ciclo ‘Música clásica nas parroquias’.

A cita é o domingo 16 ás 19:00 horas no Auditorio do Centro Cultural e Recreativo de Cabral no que actuarán as dúas formacións da Orquestra. En primeiro lugar, a Orquestra Infantil, formada por nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, dirixida por Raquel Fernández. E, en segundo lugar, a Orquestra Xuvenil, formada por mozos e mozas de ata 22 anos de idade, baixo a dirección de José M. Fernández.

O ciclo ‘Música clásica polas parroquias’ é unha iniciativa da Orquestra Kv2211 coa que pretende contribuír á oferta cultural e dinamización musical de Vigo, abrindo a música clásica a todos os grupos de idade, especialmente aos máis novos e ás familias cunha oferta musical máis acorde coa súa idade. E, ao mesmo tempo, mante-la formación dos músicos da orquestra. As pezas escollidas son curtas e están adaptadas ao público infantil.

Os concertos son gratuítos.

Máis

Hora

16 outubro, 2022 19:00(GMT+02:00)

Localización

AVCD de Cabral

Av. Sta. Mariña, 95, 36318 Vigo, Pontevedra

Other Events