bannerGaliciaIlusiona
bannerGFFF

23dec21:00Concerto Iván FernándezCONCERTOS | De balde21:00 Vitruvia Café

Concerto Iván Fernández

O pianista Iván Fernández dará un concerto no espectacular piano do Vitruvia Café, o vindeiro xoves 23 de decembro ás 21:00h. Interpretará obras de Bethoven, Gaos, Shumann e Rajmáninov.

IVÁN FERNÁNDEZ
Nado en Vigo en 1984, Iván Fernández estuda no conservatorio Mayeusis con Rita Ivaskeviciute e se gradua con Matrícula de Honra en interpretación pianística na Escola Superior de Música de Cataluña, estudando con Rafael Salinas Tello.

En 2013 obtén o primeiro premio na XIV edición do “Concurso Internacional Musica Classica”, celebrado na localidade de Ruza (Rusia) e no ano 2009 é galardoado coa bolsa de excelencia “Anna Rise”. Ofreceu concertos en diversas localidades de España, Portugal e Rusia. O seu repertorio comprende desde a música barroca ata a contemporánea.

En 2015 obtén o máster de interpretación pianística na Academia Gnessin de Moscova, onde se lle galardoa con Diploma Vermello ( CUM LAUDE), estudando alí con Beira B. Nosina (Catedrática e Artista Honorífica de Rusia).

Actualmente é profesor no Conservatorio Profesional e Escola de Música de Arzúa (A Coruña), e en Mayeusis CEMU Superior.

Entrada libre

Xovs 23 ás 21:00

Máis

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

X