REVISTA ABRIL

Concerto de piano con Sergio Gómez

04ago21:00Concerto de piano con Sergio GómezCONCERTOS | 8,00€21:00(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

O piano que nos une. Beethoven deixou este mundo tras unha existencia marcada pola soidade, as enfermidades e a miseria, pero, deixou para o infinito unha obra xenial. Debido á súa xordeira, eliminou o cordaxe do seu piano para compoñer e non molestar aos veciños e a música que saía das teclas do instrumento ían directamente á súa mente en lugar dos oídos. Cando Liszt tiña doce anos, tras un concerto de piano en París, Beethoven subiu ao escenario e collendo as mans dese neno díxolle: farás feliz a moita xente. Prokofiev compuxo a súa primeira sinfonía aos nove anos e durante toda a súa vida viaxou por todo o mundo dando concertos de piano e demostrando en cada sitio o seu extraordinario virtuosismo. Falla, un dos mellores compositores españois de todos os tempos, compartiu a mesma época e, durante sete anos, viviu en Paris, onde se alimentaba movendo os dedos das súas mans sobre o teclado doutro piano sublime. Defendeu o noso patrimonio musical, incluíndo o folclore, e integrouno na súa obra clásica. Loitou polo noso, pero morreu no exilio tras unha guerra que partiu a España en dúas. Sergio Gómez, un novísimo pianista, obtivo o diploma de Virtuoso nos Musical Arts de Madrid e estará en Vitruvia este próximo xoves para lembrarnos a todos que o piano é un instrumento que nos une.

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events