REVISTA ABRIL

Concerto con fusión, de Píscore

20nov18:00Concerto con fusión, de PíscoreESPECTÁCULOS | -18:00(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

Por motivo do Día da Infancia e dentro do programa ‘Cultura por alimentos’, Afundación organiza un ‘Concerto con Fusión’, de Píscore Vigo.

Despois de cen funcións co seu primeiro espectáculo ‘Concierto Singular (e Plural)‘, que levou o Premio do Público no Festiclown 2019 e foi o espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018, Culturactiva Producións e Píscore presentan a súa segunda montaxe.

Mantendo a anterior e exitosa liña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionan música, teatro, humor, comedia gestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos, como música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.

Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco co seu instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que o que podería ser un desastre convértase nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, aos poucos, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.

Domingo 20 ás 18:00

Reserva de entradas en www.ataquilla.com. O acceso á obra de teatro será mediante doazón de alimentos infantiles que destinaranse ao Banco de Alimentos local.

Máis

Hora

(Domingo) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events