
18xuñ17:00Concerto benéfico por Kris SieiraCONCERTOS | Desde 10,00€17:00 Sala Rebullón
Detalles do eventos
Este sábado, un feixe de amigas de Kris Sieira xuntaranse na Sala Rebullón para tentar recadar o máximo de cartos posibles e poder axudala a financiar o tratamento
Concerto benéfico por Kris Sieira
Este sábado, un feixe de amigas de Kris Sieira xuntaranse na Sala Rebullón para tentar recadar o máximo de cartos posibles e poder axudala a financiar o tratamento para a súa doenza. Kris padece unha enfermidade rara, que o Sergas non trata. O único tratamento posible atópase en Barcelona nunha clínica privada na que xa está ingresada. Ese tratamento custa un pastizal, e por iso tentarán axudala organizando este evento. Toda a xente involucrada no evento pide que colaboredes nesta causa. Investir 10€ non vai ser un gran esforzo para ti e pode axudar enormemente a que Kris poida voltar ter unha vida normal sen ter que hipotecarse. Por iso apelamos a túa solidariedade.
Máis

(Sábado) 17:00
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain