Concerto ao Cristo da Vitoria

01ago20:45Concerto ao Cristo da VitoriaCONCERTOS | De balde20:45(GMT+02:00) Concatedral de Santa María

Detalles do eventos

O vindeiro sábado 1 de agosto ofrecerán un concerto de música sacra na Concatedral Santa María de Vigo, coñecida popularmente como “a Colexiata”, un dos templos máis importantes da cidade olívica, situada no centro do casco histórico.

O concerto entra dentro do marco da festividade do Cristo da Vitoria, un dos emblemas da cidade de Vigo, que cada ano reúne a milleiros de persoas. O seu nome provén do ano 1809, cando os vigueses atribuíronlle a vitoria sobre as tropas de Napoleón. Na actualidade pode visitarse a escultura nesta mesma igrexa.

O Coro de Cámara Rías Baixas é unha formación non profesional que persigue a excelencia musical. Desde a súa presentación no ano 2014 leva realizados máis de 80 concertos. Trátase dunha agrupación xa consolidada no sur de Galicia.

O coro interpretou obras fundamentais do repertorio coral acompañado polas principais orquestras da comunidade. Ademais, tamén organiza regularmente concertos de produción propia nos que difunde obras de compositores galegos e permite a proxección de novos solistas.

Dende 2017 colabora con Amigos da Ópera de Vigo e coa Orquestra Sinfónica Vigo 430 nas súas programacións anuais. Por outra parte, tamén interpreta música a capella nos concertos organizados pola federación de coros ACOPOVI.

O equipo artístico do Coro de Cámara Rías Baixas está formado pola profesora de canto Magna Ferreira, polo pianista acompañante Brais González e polo seu director Bruno Díaz.

Dirixe: Bruno Díaz
Organiza: Asociación de Corais Polifónicas de Vigo

Máis

Hora

(Sábado) 20:45(GMT+02:00)

Localización

Concatedral de Santa María

Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events