bannerCulturgal

novembro, 2020

17nov19:00Evento virtual'Cómplices, a violencia machista institucional'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00

Detalles do eventos

PRESENTACIÓN VIRTUAL DO LIBRO Cómplices, a violencia machista institucional  (Galaxia, 2020). Interveñen Iria Vázquez Silva, Ana Martínez González, Fedra Alcaraz Ladrero. Martes, 17 novembro 2020 ás 19:00 horas.

Este traballo vén botar luz sobre un dos aspectos da(s) violencia(s) machista(s) menos estudado e tamén menos visíbel: a violencia que exerce o Estado a través das súas institucións sobre as mulleres que están en situación de violencia machista. Poucas publicacións coñecemos que aborden este tema de xeito directo. Iria Vázquez Silva explora varios eidos institucionais, cos que tivo contacto directo, e convida a outras autoras a completar este traballo: Sheila Fernández Míguez (desde o eido xurídico), Olalla Villaronga Seoane (que achega unha perspectiva desde o eido rural), Lola Ferreiro Díaz (desde o ámbito sanitario) e Ana Martínez González e Fedra Alcaraz Ladrero (ambas as dúas traballadoras dunha asociación de parálise cerebral).

GOOGLE MEET
CÓDIGO PARA UNIRSE: ocn-cfqp-zof

Compartir

Máis

Hora

(Martes) 19:00

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!

X