
30xuñ21:00Comedia RaciónESPECTÁCULOS | 6,00€21:00 Island Club
Detalles do eventos
Volve COMEDIA RACIÓN cun novo espectáculo por e para a comedia. Todo pola escena. Novos monólogos e novas caras e cun cartel feito en paint. Xunto ás chanzas
Comedia Ración
Volve COMEDIA RACIÓN cun novo espectáculo por e para a comedia. Todo pola escena. Novos monólogos e novas caras e cun cartel feito en paint. Xunto ás chanzas e bailes de MAURO PICATOSTE (100% Rúa Camelias 100% gloria bendita) estará KARI CARBONE, que se define como unha mami arxentina recentemente aterrada. Prolija na foto, escatológica en persoa, a súa vida é como luns ás sete da mañá, e tamén CATA UKELELE que presentará algo do seu último show “Diarrea verbal”, un vórtice temático sobre a vida e todo o que a rodea, o paradoxo de vivir nun mundo cheo de facilidades onde non resulta fácil vivir.
Goza doutra Comedia Ración, o show de caseta up para cómic@s demasiado serios para ser afeccionados pero non o bastante para ser profesionais. Ou non.
Presentado por Carla Mañas e Gonzaga da Rúa, COMEDIA RACIÓN, o xoves 30 ás 21:00 no ISLAND CLUB.
Máis

(Xoves) 21:00
Island Club
Praza da Estrela, 8, 36201 Vigo, Pontevedra