VIALIA
PLAYDOC

A estrea de '+ Cuñados' en Vigo contará coa presenza do actor Federico Pérez

21abr18:20A estrea de '+ Cuñados' en Vigo contará coa presenza do actor Federico PérezACTIVDADES PARA O COCO| De balde 18:20(GMT+02:00) Multicines Yelmo

Detalles do eventos

Máis Cuñados, a comedia galega que protagonizan Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey, estréase este venres 19 en todos os cinemas de Galicia e varias cidades españolas, cun total de 45 copias. Trátase da maior estrea comercial dun filme en Galicia na historia recente, pois chega simultáneamente a 34 salas, practicamente todas as que hai no territorio galego.

Máis Cuñados busca repetir o éxito da primeira entrega, Cuñados (2021), que se converteu nunha das películas galegas máis vistas do 2021. Nesta nova entrega a acción sitúase dous anos despois do acontecido na primeira película. Os cuñados vense envoltos nun novo e máis criminal enredo, esta vez co Entroido Ourensán como telón de fondo.

Esta fin de semana de estrea ademais das proxeccións en toda Galicia haberá coloquios cos actores, guionistas e director. No caso de Vigo este domingo 21 estará Federico Pérez Rey ás 17:40 h nos Multicines Norte e ás 18:20 h nos Cines Yelmo de Travesía.

Máis

Hora

(Domingo) 18:20(GMT+02:00)

Localización

Multicines Yelmo

Centro Comercial Travesía, Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events