BANNER CANS
BANNER GALAXIA

20mai19:30Coloquio 'Arqueoloxía dos puticlubs'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Casa Galega da Cultura

Detalles do eventos

Revisando o seu propio imaxinario de masculinidade, Xurxo Ayán (Universidade Nova de Lisboa) e Carlos Otero Vilariño (Incipit-CSIC) converteron nun proxecto de investigación o que ao principio formularon medio en broma: facer arqueoloxía da prostitución en Galicia e o Bierzo. Tal que así. Escavar prostíbulos abandonados. «O interesante deste proxecto é que a prostitución se basea na discreción e en certa invisibilización. A arqueoloxía fai público aquelo que non se quixo facer público e fai visible o que non se quería facer visible. Ese é o poder da arqueoloxía cando entra nestas ruínas», explica Xurxo Ayán. A materialidade dos prostíbulos fala, principalmente, dos homes e do seu propio imaxinario patriarcal.

Máis

Hora

20 maio, 2025 19:30(GMT+02:00)

Localización

Casa Galega da Cultura

Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra

Other Events