
Detalles do eventos
Laxeiro, é un dos nosos artistas máis destacados do século XX. Mesturando modernidade e tradición compuxo cadros con temática de escenas carnavalescas, maternidades, escenas campesiñas, mitos e lendas
Sete novas incorporacións á exposición da Fundación Laxeiro
Laxeiro, é un dos nosos artistas máis destacados do século XX. Mesturando modernidade e tradición compuxo cadros con temática de escenas carnavalescas, maternidades, escenas campesiñas, mitos e lendas da terra. A Fundación Laxeiro conta cunha exposición permanente de 65 obras do artista que actualmente foi ampliada con sete obras do artista que pertencen a coleccións privadas. Estes propietarios cedenlles os cadros á Fundación durante un periodo concreto de tempo para que todos poidamos disfrutar deles. Neste caso a exposición permanece desde o 17 de marzo ata o 23 de xullo.
Estas obras temporais pertencen a unha etapa da vida de Laxeiro que vai desde os anos 60 ata os 80 aproximadamente, momento no que o artista vive un estilo máis experimental. Tamaños e estilos diferentes as conforman, todas elas sinaladas cunha etiqueta vermella sobre a placa do seu nome.
HORARIO
Luns 18:00 -21:00
Martes 18:00 -21:00
Mércores 18:00 -21:00
Xoves 18:00 -21:00
Venres 18:00 -21:00
Sábado 12:00 -14:00, 18:00 – 21:00
Domigno 12:00 – 14:00
Máis

Marzo 17 (Venres) 18:00 - Xullo 23 (Domingo) 21:00
Fundación Laxeiro
Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra