
Detalles do eventos
Coldday naceu no ano 2012, froito da unión de catro músicos que co seu talento, paixón e esforzo querían dar unha homenaxe honesta e fiel á banda británica
Detalles do eventos
Coldday naceu no ano 2012, froito da unión de catro músicos que co seu talento, paixón e esforzo querían dar unha homenaxe honesta e fiel á banda británica Coldplay.
A banda provén de Barcelona, onde empezaron a construírse un nome na escena das bandas tributo a nivel de todo o país. A devoción polo traballo ben feito levoulles a todo tipo de escenarios, desde festas privadas a grandes audiencias en teatros, auditorios e outros recintos de gran aforo.
A repercusión dos seus shows non pasou desapercibida noutros países e é por isto que viraron o seu espectáculo por distintos países como Portugal, Andorra, Francia, Bélxica, Holanda, Alemaña, Romanía, Inglaterra, Malaisia ou Indonesia.
Coldday leva aos escenarios toda a maxia da música de Coldplay. Durante dúas horas recréase a atmosfera, emoción e enerxía dun auténtico directo de Coldplay. Unha interpretación impresionante, unha escenografía extremadamente fiel á orixinal, proxeccións épicas, unha posta en escena espectacular… todo o que un fan da banda pode desexar.
O repertorio vén configurado por unha infinidade de grandes temas clásicos de toda a discografía de Coldplay, desde o seu primeiro traballo “ Parachutes” ata o seu último disco “A head full of dreams”.
Entradas á venda a través de www.ataquilla.com
Venres 14 ás 22:30
Máis
Hora
14 xaneiro, 2022 22:30(GMT+01:00)
Localización
Sala Rouge
Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra