VIALIA
bannerPicnicSesions

Cociñeiros do grupo NOVE falarán mañá en Vigo de sostibilidade e gastronomía

13xuñ18:00Cociñeiros do grupo NOVE falarán mañá en Vigo de sostibilidade e gastronomíaGASTRO | De balde18:00(GMT+02:00) Peirao do Náutico

Detalles do eventos

O compromiso da hostalería galega coa xeración dun impacto positivo na súa contorna chega ás rúas de Vigo grazas á iniciativa de Estrella Galicia e NOVE para poñer en valor o traballo que está a realizar o sector para facer os seus negocios máis sostibles.
Deste xeito, o vindeiro luns 13 de xuño a partir das 18:00 horas terá lugar un encontro divulgativo aberto ao público no que algúns dos grandes nomes da cociña galega compartirán cos asistentes os recursos e procesos que levan a cabo nos seus restaurantes para contribuír a poñer en marcha unha hostalería con impacto positivo.
Pepe Solla (Casa Solla), Pepe Vieira (Pepe Vieira Restaurante), Alvaro Villasante ( Paprica) e Julio Sotomayor ( Nova) impartirán unha serie de masterclasses na esplanada do club Náutico de Vigo (xunto ao monumento a Julio Verne) e abordarán temáticas diversas desde a súa experiencia persoal e profesional. Serán as seguintes:
■ Masterclass Pepe Solla: “Hostalería eficiente”
■ Masterclass Julio Sotomayor: “Apoiando a orixe”
■ Masterclass Pepe Vieira: “A horta ecolóxica”
■ Masterclass Álvaro Villasante: “Reciclar, reutilizar, reducir”

O pasado mes de marzo Estrela Galicia e NOVE reafirmaban o seu acordo de colaboración en favor da gastronomía e a hostalería galega. Ambas as entidades subliñaban a súa vontade de traballar conxuntamente en proxectos con potencial transformador, que poidan impactar positivamente na comunidade local, aposten pola cociña social, protexan a biodiversidade da contorna e fomenten unha cociña saudable. Unha das liñas de actuación máis relevantes neste sentido desenvolverase o vindeiro luns en Vigo neste evento no que se visibiliza o compromiso social e ambiental do sector hostaleiro.

Máis

Hora

(Luns) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Peirao do Náutico

As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events