REVISTA ABRIL

Club Faro: 'Turismo no imperio romano' con Fernando Lillo

26set20:00Club Faro: 'Turismo no imperio romano' con Fernando LilloACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

De “Turismo no imperio romano (Os destinos turísticos que apaixonaban aos antigos romanos)” disertará Fernando Lillo Redonet, doutor en Filoloxía Clásica.Sentían os romanos o impulso de deixar a súa casa para coñecer distintas paraxes? Cales eran os seus lugares de vacacións favoritos? Lillo, profesor de Latín en Vigo, propoñerá na súa conferencia unha experiencia única: viaxar aos destinos turísticos que apaixonaban aos antigos romanos, como as vilas de recreo nos arredores de Roma ou as situadas no golfo de Nápoles; Sicilia, Grecia ou o misterioso e exótico Exipto.

Máis