REVISTA ABRIL

Club Faro: 'El ser humano, un ser espiritual'

14set20:00Club Faro: 'El ser humano, un ser espiritual'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

‘El ser humano, un ser espiritual’ é o título da conferencia de Javier Urra. O psicólogo sostén que os seres humanos somos unha realidade bio-psico-sociocultural-espiritual. Posuímos, máis aló do cerebro, a mente, a conciencia, unha extraordinaria capacidade para interpretar o mundo e darlle resposta. Urra diferencia espiritualidade de relixión, pero non as enfronta, acompaña nunha procura honesta, non presa de sectarismo confesional, nin de dogmatismo escéptico. Na súa charla, o que fose defensor do menor compartirá experiencias de pacientes que lle mostraron que o ser humano sofre, que o tempo non todo o cura, e que a mente humana escapa nalgunha das súas dimensións ao método de estudo empregado.

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+02:00)