VIALIA
bannerPicnicSesions

Cloaca

10set21:30CloacaCONCERTOS | 10,00 €21:30(GMT+02:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Cloaca é un dúo de garage, punk e surf, formada polas coruñesas Bento Carroña y Rata Ray.

Xeniais temas punkgarageros cheos de crueza, enerxía e poderío instrumental. Viscerales pílulas de rock & roll cavernícola con tremenda interpretación vocal, riffs demoledores e potentes baterías. Soberbios trallazos de garage punk de maxistral e vibrante execución. Tenebrosas e directas pílulas de son compacto e rochoso que van directas ao teu cerebro e fanche mover o esqueleto ao ritmo primitivo do unga unga. Incendiarias e barbitúricas cancións de actitude punk e sucia sonoridade afastadas dos virtuosismos instrumentais que conseguen atraparche coas súas divertidas letras e eléctricas instrumentacións. Humor negro, ritmos frenéticos e un son escuro, son o seu selo de identidade.

Venda de entradas en despacho de billetes o día do concerto ou anticipada no propio local.

Máis

Hora

(Venres) 21:30(GMT+02:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events