REVISTA ABRIL

Circo

11feb22:00CircoCONCERTOS | Desde 5,00€22:00(GMT+01:00) Sala Master Club

Detalles do eventos

A banda viguesa Circo volve ofrecer o seu espectáculo en directo tras catro anos sen actuar en vivo e faio debutando na emblemática Salga Máster o próximo 11 de febreiro. Máster volve abrir ao público, tras levantarse as restricións sanitarias que impedían levar a cabo estas actuacións musicais co público en pé. “Estamos como tolos, temos a mesma adrenalina e ganas de subirnos ao escenario que a primeira vez. Esta pandemia demostrounos o vital que é a música para vivir “, asegura Andrés Argüeso, fundador da banda. Circo regresa e faio renovándose, afastándose das versións máis íntimas para apostar por ritmos máis festivaleros e un espectáculo cargado de cor e movemento. Incorpóranse ao grupo Patricia González, Álex Fernández, María Soa e Sergio González. “Agora somos máis e máis novos e contamos cun elenco de mulleres que conseguiron unha engrenaxe perfecta. Somos máis Circo que nunca”, sinalou Argüeso. A banda tiña previsto recuperar os seus directos no verán de 2020, pero a situación sanitaria obrigoulles a cancelar a xira prevista, que si se desenvolverá este verán. A banda atópase agora pechando as datas das actuacións que fará públicas en canto concrétense.

Máis

Hora

(Venres) 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Master Club

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events