VIALIA
bannerPicnicSesions

CinemAteneo: La Chinoise

26out19:45CinemAteneo: La ChinoiseACTIVIDADES PARA O COCO | 5,00€19:45(GMT+02:00) Multicines Norte

Detalles do eventos

Ateneo Atlántico organiza o mércores 26 de outubro a proxección de ‘La Chinoise’, de Jean-Luc Godard en Multicines Norte.

Por mor da súa morte o pasado mes de setembro, desde o Ateneo Atlántico queren lembrar a esta figura complexa e controvertida, de gran influencia cinematográfica e social. Con Víctor Soho (Vigo, 1999, realizador, estudou cinema documental na ECAM (Madrid), onde explorou áreas relacionadas co cinema experimental, o videoarte e a instalación) e Celso López Pazos (licenciado en xeografía e historia. Membro de Esculca e presidente da Asemblea Republicana de Vigo, colaborou como crítico de cinema con distintos medios de comunicación).

SINOPSE
Para rodar esta película Godard trasladouse a Nanterre onde se reuniu cun grupo de universitarios de tendencia maoísta. Nesta obra mostrará as inquedanzas dos estudantes por cambiar o mundo, o seus desexos dun cambio radical, dunha mocidade que rexeita a formación universitaria convencional e o capitalismo; preocupacións que estalarían posteriormente no Maio do 68, incluídas as chamadas á revolución.

Mércores 26 ás 19:45

Máis

Hora

(Mércores) 19:45(GMT+02:00)

Localización

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events