VIALIA
bannerPicnicSesions

Cinema Mulleres: 'Las motitos' + 'Benvidas ao club'

17nov18:30Cinema Mulleres: 'Las motitos' + 'Benvidas ao club'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

Ciclo de cinema feminista galego e arxentino, organizado pola Deputación de Pontevdra. Terá lugar entre o 28 de outubro e o 24 de novembro no MARCO. A última proxección será no Centro cultural 25 de mayo, en Bos Aires.

Para asistir ás actividades dos días 28 de outubro, 8 e 17 de novembro é recomendable reservar praza en participa.cultura@depo.gal

VENRES 28 DE OUTUBRO, ÁS 18:30hMESA REDONDA

Participan presencialmente: Lorena Damonde (coordinadora do programa Gafas Violetas, del INCAA, Argentina), Manane Rodríguez (directora de Onde mais doe), Carmen P. Granxeiro (directora de Benvidas ao Club), Diana Lopez (directora de Feminazi), Alexandra Vázquez (actriz de As Mulleres Salvaxes) e Nati Juncal (produtora executiva de A Poeta Analfabeta).

Por zoom: Carolina Zarzoso Paoloni, programadora de cine do Centro Cultural 25 Mayo (Buenos Aires); Malena Chabrol (directora de La cuarta ola) e Inés Barrionuevo (directora de Las Motitos).

 MARTES 8 DE NOVEMBRO, ÁS 18:30h – PROXECCIÓNS

Onde máis doede Manane Rodríguez  (2022, 65′) Longametraxe documental de ficción sobre a violencia vicaria. Nel a cineasta reflexiona sobre o chamado síndrome de Medea, que se manifesta cando unha ou un dos proxenitores lles arrebata a vida ás súas fillas e fillos como instrumento de poder para vingarse da súa parella.

La cuarta olade Elena Jayat e Malena Chabrol (2018, 19′) Nas rúas de Córdoba a xente opina sobre feminismo, nun marco no que a historia das mulleres que loitaron polos seus dereitos se volve actualidade. Arxentina é un foco ineludible na revolución feminista máis grande dos últimos tempos: a cuarta ola.

XOVES 17 DE NOVEMBRO, ÁS 18:30H – PROXECCIÓNS

Las motitosde Inés Barrionuevo e Gabriela Vida (2020, 84′) En toda Córdoba hai unha onda de saqueos e a Policía estase levando moitas e moitos mozos. No medio deste período convulso, a adolescente Juliana queda preñada do seu mozo, Lautaro. Ela quere abortar, pero ten medo de facelo con pastillas e non ten cartos para pagar unha intervención.

Benvidas ao Clubde Carmen P. Granxeiro (2018, 28′) Curtametraxe documental; unha viaxe ao inferno onde centos de mulleres son vítimas da corrupción e da violencia, unha viaxe salpicada polas drogas e que ten lugar ao noso lado. A operación Carioca é a maior investigación contra a trata que se produciu en España.

Máis

Hora

(Xoves) 18:30(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events