VIALIA
bannerPicnicSesions

Cineclube Lumière: Sesión de curtametraxes

27dec18:00Cineclube Lumière: Sesión de curtametraxesACTIVIDADES PARA O COCO | 5,00€18:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

‘O Reloxo’ (2017) de Borja Santomé
Relato sobre a viaxe e o cambio, sobre o paso da costa á gran cidade e o diálogo entre o doce e o macabro. Un xoven explorador descúbrenos a parte inquietante da cidade, vagando polas rúas a modo de observador desquiciado e isto sérveme de escusa para unha historia en gran parte autobiográfica. Quero unha historia de viaxe e descontrol, un acontecemento explosivo co que desatar a paixón e a tolemia.

‘Anatomía dunha serea’ (2018) de Adriana Páramo
Este documental amosa como a actriz Iria Pinheiro converte as experiencias de violencia obstétrica polas que pasou durante o parto e posparto na obra de teatro “Anatomía dunha serea”. Tras recibir un trato inapropiado no hospital e sufrir as consecuencias dunha episiotomía que se lle practicou sen o seu consentimento durante o parto, Pinheiro inicia un trámite xudicial contra o SERGAS, pero desanimada ante o complexo e custoso proceso legal, refúxiase no teatro como medio de denuncia. Baixo a dirección da compañía teatral Chévere, Pinheiro conta a súa historia usando a parodia como motor. O seu proceso creativo nos ensaios e na obra, acompáñase do relato da propia Pinheiro contando o que lle aconteceu física e emocionalmente. Unha serie de animacións simbólicas en stop motion dán paso a cifras concretas que axudan a enmarcar socialmente a violencia obstétrica. 

Luns 27 ás 18:00

Máis

Hora

(Luns) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events