
Cineclube Lumière: Lúa Vermella
Detalles do eventos
Lúa vermella, do vigués Lois Patiño, é un filme que ven sostido na historia real do Rubio de Camelle, un mergullador que ten recuperado máis de corenta cadáveres de náufragos
Detalles do eventos
Lúa vermella, do vigués Lois Patiño, é un filme que ven sostido na historia real do Rubio de Camelle, un mergullador que ten recuperado máis de corenta cadáveres de náufragos perdidos no mar, “os mortos aqui non marchan, quedan con nós”, di o director que lle dixo un veciño cando investigaba nas vilas da Costa da Morte para facer este traballo. Fábulas, mitos e lendas que xurden da memoria colectiva e da tradición oral da Galicia profunda.
Haberá dúas quendas, ás 18:00 e ás 20:30, e ambas contarán coa presenza do realizador.
O filme, moi loado pola crítica, xa se pode ver desde o pasado venres nos Cines Yelmo do CC Travesía.
Máis
Hora
9 novembro, 2020 18:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra