
Detalles do eventos
O vindeiro luns día 20, temos unha nova cita co ciclo de Abbas Kiarostami coa proxección de dous filmes ás 20:30h, no Auditorio Municipal do Concello, na praza do
Detalles do eventos
O vindeiro luns día 20, temos unha nova cita co ciclo de Abbas Kiarostami coa proxección de dous filmes ás 20:30h, no Auditorio Municipal do Concello, na praza do Rei.
“O traxe de voda” 1976 | 54 min
Sinopse
Relato sobre as complexidades físicas e sociais do paso da infancia á mocidade. Unha muller encarga un traxe a medida para co seu fillo asista á voda da irmán. O aprendiz do sastre, xunto cos outros dous mozos do taller, deseñan un plan para ver o que se sinte probándose o traxe.
“Primeiro caso, segundo caso” 1979 | 53 min
Sinopse
Mentres un profesor escrebe na pizarra de costas á clase, un dos alumnos adícase a facer ruídos. Como o profesor non é quen identificar ao responsabel, decide expulsar a un grupo durante unha semana até que se descubran. No primeiro caso, aparece alguén aos poucos días. No segundo, ninguén di nada e esgótase o tempo de castigo.
Kiarostami interroga a personalidades de renome en Irán sobre cal é o seu punto de vista en torno a estes dous casos.
Máis
Hora
20 xuño, 2022 20:30(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual